Centenario

O pasado 28 de decembro de 2016 Cántigas da Terra cumpriu un século de vida. Para conmemorar tan feliz efeméride, a Entidade está a realizar un programa completo de actos que chegarán até o verán de 2017:

· XII Ciclo de Coros Galegos. Edición especial cos catro Coros Históricos

· Festival cos Antigos Coristas. Un encontro emotivo por cen anos de historia

· Convivio no día do 100 aniversario. Unha foliada para todas nós!

· Exposición do centenario. Un percorrido apaixoante pola historia desta institución coruñesa

· Gala do centenario. Un espectáculo con convidados moi especiais

· Edición dun libro fotográfico. Unha coidada selección de instantáneas para o recordo




Cántigas da Terra · 2017