Materias de formación

Son comúns para todas as especialidades instrumentais. Disciplinas teórico-prácticas que complementan o estudo do seu instrumento. O obxectivo é que o alumnado, a través destes contidos, enriqueza a súa música e comprenda mellor todo o que a rodea. Existe unha clara relación entre todas elas, pois cada materia aporta e recibe das demais. O alumnado percibirá nitidamente como todas son necesarias para un completo desenvolvemento creativo e artístico. Conxugando estas disciplinas, o alumnado acadará un pensamento crítico e musical moito máis profundo e intenso. Estas son as materias:

  • Linguaxes da música
  • Análise das músicas tradicionais
  • Harmonía, arranxos e instrumentación
  • Historia da música galega
  • Investigación e arquívistica