Naufraxios Galegos lembra o afundimento do City of Agra

04/02/2020
Debido á situación actual, poden variar as datas previstas para os eventos.

Onte, Naufraxios Galegos presentou no local de Cántigas da Terra o “meirande programa cultural dedicado a un naufraxio, na Galiza: City of Agra. 123 anos na memoria”. Foi un acto ben variado e interesante no que contamos con recreacións dos protagonistas desta traxedia acontecida na Costa da Morte.

A programación cultural en lembranza do City of Agra está prevista para o 22, 23 e 24 de maio nas vilas de Camelle e Arou. Agardemos teña o grande éxito que merece tan excelente traballo.

Dende Cántigas da Terra o noso agradecemento á asociación Naufraxios Galegos por escoller o noso local, a Xulio Romero, Fernando Patricio Cortizo e Xurxo M. Rodríguez Baña por tan excelente e amena presentación.


16 de febreiro de 2020