As Escolas da Terra amosan o seu bon facer nun emotivo concerto

O pasado 7 de marzo desenvolveuse no Centro Cívico de Monte Alto o primeiro concerto das Escolas da Terra neste ano escolar 2020-2021. O alumnado das diferentes materias deu conta do aprendido ao longo do curso.

Finalizado o concerto, as persoas participantes e o público asistente dirixíronse á sede de Cántigas da Terra onde se realizou un pequeno convivio con foliada.

Aquí tedes un resumo fotográfico desta emocionante xornada.

Canto gozamos co excelente oficio do noso alumnado! Cada día mellor!


17 de marzo de 2020