Novas

Comeza a 17 edición do Ciclo de Coros Galegos

No próximo domingo 30 darase inicio á 17 edición do Ciclo de Coros Galegos coa actuación do coro Nova Troula de Sada, da banda de gaitas de Forcarei e de Cántigas da Terra acompañadas do Grupo de Baile de Santaia. Será no Teatro Rosalía ás 19h. A seguir no 20 de novembro actuarán a Coral De Ruada, Arume de Caión e (...)

Un século despois Cántigas torna á Xuventude de Cecebre

No 8 de outubro de 1922 inaugurábase o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo da Xuventude de Cecebre. Nesa xornada festiva actuou o Coro Cántigas da Terra con sesións de mañá e tarde. Un século despois, o noso Coro tornará alí convidado novamente pola Sociedade para celebrar tan linda efeméride. Foto: Arquivo da (...)

Comezan as aulas abertas das Escolas da Terra

Desde o mércores 21 até o venres 30 de setembro é posíbel probar de xeito totalmente gratuito todas as actividades que oferta Cántigas da Terra. Para as aulas abertas non é preciso de se inscreber. Na imaxe pódense consultar os horarios.
Escolas da Terra 2022-2023