Cántigas da Terra participa na homenaxe a Rosalía

Como cada 24 de febreiro Galiza celebrou o día de Rosalía de Castro. Cántigas da Terra sumouse á homenaxe que na Coruña organizou a A.C. Alexandre Bóveda.

O mestre gaiteiro Alexandre Ruíz interpretou a Alborada que leva o nome da grande poeta galega. O acto resultou moi emotivo coa leitura de poemas da autora de Padrón.


25 de febreiro de 2021