Patrimonio e memoria da entidade

O arquivo de Cántigas da Terra, actualmente en proceso de dixitalización e catalogación, é un fondo documental que cada ano recibe achegas, proporciona materia de estudo a investigadoras e participa en actividades divulgativas. Estas colaboracións atópanse en obras de referencia como o Cancionero Gallego  de Torner e Bal y Gay, ou en outras máis actuais como Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade (aCentral Folque, 2019).

Cancionero Gallego

Eduardo Martínez Torner & Jesús Bal y Gay

Ligazón → 

Cancioneiro ZdZ#8

XXI Festival Internacional ZdZ

Ligazón → 

Fondos do arquivo

Música tradicional; teatro e memoria material

O arquivo aglutina melodías recollidas polos propios directores do coro; coleccións de partituras doutros autores destacados como Adalid ou Montes; obras de autores como Eduardo Rodríguez Losada (Monte das Ánimas, O Mariscal e Ultreia); así como obras de teatro de autores como Leandro Carre Alvarellos, decorados (Díaz Baliño, Lugrís Freire…) e instrumentos musicais con máis de cen anos de vida. Entre estes, destacan dúas zanfonas pertencentes a Perfecto Feijoo e Saturnino Cuíñas. Gárdanse, así mesmo, cadros de Abelenda ou Seijo Rubio en depósito no Museo de Belas Artes da Coruña

Máis de setecentas partituras

O repertorio conserva máis de setecentas partituras que abranguen alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cantos de berce, de arrieiro, desafíos e alboradas. Moitas destas pezas foron harmonizadas sempre dende o respecto e a sensibilidade cara ás músicas orixinais, chegando algunhas a integrarse plenamente no acervo popular galego. Estas obras foron cedidas a grandes intérpretes e compositores galegos como Milladoiro, Roxelio Groba, Carlos Núñez ou Susana Seivane.

Transcrición dun canto tradicional custodiado no arquivo

Memoria sonora e discografía

Gravacións dende 1921

O repertorio de Cántigas da Terra atópase recollido en gravacións discográficas dende 1921. Estas constitúen un valioso testemuño da evolución artística do Coro e dos cambios na propia industria discográfica ao longo do tempo.

Unha referencia da música galega

Entre os traballos discográficos máis destacados atópanse Galicia (Odeón, 1955), Coro “Cántigas da Terra” (Alhambra, 1956), Coro Cántigas da Terra (Regal, 1961), Galicia (Hispavox, 1966), Galicia Enxebre (1976), Muiñada (1984), Espírito (2002) e Cántigas da Terra (2006). Nestas gravacións recóllense obras icónicas da música galega como “Negra Sombra” ou “Quer que lle quer”, así como melodías popularizadas polo propio coro, como a Foliada de Cerdedo ou a Foliada da Cruña.

Coidadores da memoria • Responsables do arquivo

Lois Catoira Palleiro

Desde o 29 de Maio de 2023

Ramón Rodriguez Palleiro

Desde o 26 de Xaneiro de 2013

Erea Estevez Campos

Desde o 2 de Agosto de 2008

Antonio Fernández Rivero

Desde o 27 de Xaneiro de 2006

Erea Estevez Campos

Desde o 30 de Xaneiro de 1998

Pedro Carro Carro

Desde o 15 de Febreiro de 1993

José Redondo Santos

Desde o 13 de Febreiro de 1987

Manuel Corral Martínez

Desde o 22 de Marzo de 1985

Maricarmen Freire Pérea

Desde o 19 de Xaneiro de 1979

Jesús A. Gomes Regueira

Desde o 1 de Xullo de 1976

Consultas ou petición de visita: arquivo@cantigasdaterra.com

Cando soben ao escenario, cando se pon en marcha o rumor fluvial, sentimos que diante nosa non están só os que están. Alí están todas as voces que antes cantaron. Alí están os que pescudaron as pezas. Alí están os “escoitas”. Así chamaban aos mellores mariñeiros, Os Escoitas, os que entendían o mar, os que podían interpretar os seus sons. Pois Cántigas da Terra foi e é unha extraordinara escola de  Escoitas, un lugar para aprender a “entender a terra,” para interpretar os seus mellores froitos, os cantares.

Manuel Rivas.

Bodas de Oro (1916 -1966)

Descarga directa ↓

90 anos de Cántigas da Terra

Descarga directa ↓

o arquivo en imaxes

Outubro 2025: Visita Xabier Díaz

Maio 2024: Doazón Xulio Anta

Setembro 2021: Participación Celme de Zanfona

Novembro 2018: Visita Sementeira de Cambre

2017: Visita do Alcade D. Xulio Xosé Ferreiro Baamonde

Decembro 2016: Xornadas Leandro Carré Albarellos

Febreiro 2015: Presentación Aires da Terra

Abril 2005: Charla-Coloquio Pepe Temprano.

Decembro 2003: Participación no Programa de radio A Tropa da Traballa

Saturnino Cuíñas e Aldolfo Anta Seoane contribuiron ó arquivo con innumerables recompilacións

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.