Presentación libro

Cántigas de Primavera: “Extradición” (Erick Feles)

🌼 Cántigas de Primavera volve da man de Erick Feles para presentar Extradición .

🌼 O traballo recolle as composicións do gaiteiro que van desde obras de inspiración tradicional ata outras máis vencelladas coa música erudita, como un alalá en estilo contrapuntístico a modo de fuga barroca.

🌼 Erick Feles, venezolano de nacemento e galego de corazón, ten demostrado ao longo da súa traxectoria un fondo compromiso coa gaita de fol, co desexo de crear música pensada para este instrumento e, sobre todo, cun ideario sempre centrado na ampliación do xa extenso repertorio gaiteiril mediante novas técnicas e linguaxes.

Información – Presentación libro

data 25 de Abril de 2026

hora 12:15h

Lugar Sede Cántigas da Terra (Ramón del Cueto, 31)

Engadir a Google CalendarDescargar para Apple / iCal

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.