Da man do Cadro de Teatro Cántigas da Terra, regresamos cunha nova posta en escena dentro do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.
Coa obra de Eduardo Blanco Amor, viaxaremos ata o Ribeiro, unha comarca de grande renome, para gozar dunha historia que, aínda sendo cotiá, sorprende pola súa orixinalidade e humor. Unha comedia chea de vida, con personaxes perfectamente construídos que reflicten con mestría os diferentes caracteres de cada un deles.