Grupo de Baile

Os bailadores e os gaiteiros de Cántigas da Terra ofrecen un formato variado e versátil para multitude de eventos como actos culturais ou festas populares. O espectáculo combina as melodías cos puntos e voltas dos bailadores, facendo sentir ao público no mesmo turreiro dunha festa.

Ataviados co traxe de gala das Mariñas, as gaitas e o baile son un compendio de sensibilidade, enxebreza, emoción... O seu bailar, namora.

Escolas da Terra 2022-2023