Equipo
Docente

Luís Sánchez Bolón
Nace na Coruña en 1995, aos 8 anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Ademais, asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva (gaita); Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo (percusión); Carmen Rey (canto); Efrén López (produción musical).
Impartiu diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre en diversas ocasións. Así mesmo, levou a cabo a composición e interpretación musical da Banda sonora da obra teatral Bath time, producido por Katarsis Educación y teatro. Como docente, impartiu clases na A. C. Arume de Caión, Universidade de Vigo (Escola de Forestais), EMM Abegondo…
Rematou os estudos no Conservatorio Superior de Vigo na especialidade de interpretación dos Instrumentos da música tradicional e popular galega con Lorena Freijeiro,Iván Abal, Carlos Castro…
Compaxina a docencia na Escola de Música Sementeira de Cambre, a dirección artística de Cántigas da Terra e o colectivo Os Melidaos, onde exerce como gaiteiro e multiinstrumentista.

