Equipo
Docente

Tonecho Castelos Boutureira
Comeza os seus estudos musicais en violín no Conservatorio da Coruña, rematándoos no Conservatorio de Santiago. Paralelamente formouse no ámbito da música tradicional como percusionista en distintas formacións.
Foi músico de bandas folk como, Susana Seivane, Queda Folk, Roi Casal e colaborou con grupos como Milladoiro entre outros.
Na actualidade compaxina a súa labor docente en distintas asociacións como Queiroa (Sada), Xebre (A Coruña) e Cántigas da Terra co dúo Tonecho Castelos & Pablo Esqueira con quen editou o disco Nas Mariñas.

