Equipo
Docente

Isabel Risco

Isabel Risco

Teatro xuvenilteatro adultos

Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como John Strasberg, Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..

Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Pérez&Fernández, Redrum Teatro, Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Culturactiva, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de produción propia como As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial ou Bravas.

Dende o ano 2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura. No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padres Casares, A vida por diante, O Nordés, Air Galicia, Era Visto!, A Casa da Conexa, Os Caseiros, Casa Manola ou Augasquentes e outros programas da TVG como O Show dos  Tonechos, En  Pé  de  Festa, Zapping  Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, BumBumBumeran, Heicho Cantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longamentraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade?, 9 Ondas ou Pelerinaxes

Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG. Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel en O Furancho de Ibuprofeno Teatro.

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.