Equipo
Docente

Alexandre Ruiz
Iníciase no mundo da gaita da man dos mestres Leonardo Corral, Xosé Casal e Ricardo Santos, tocando en formacións como Os Gaiteiriños (A Coruña), Gaiteiros da Ponte Vella (Ourense), Os Viqueiras (Ordes) ou Cántigas da Terra. Ten realizado cursos de gaita escocesa, de fabricación de palletas e de gaita na técnica de pechado. Acada varios premios para cuarteto en Ponteareas, Cerdido e Padrón. Comeza a estudar linguaxe musical con Isolino Otero da Banda Militar da Coruña e ten o grao profesional de gaita no Conservatorio de Carballo. Tamén completa a súa formación con aulas de requinta e clarinete.
Dirixe o Coro Arumes da Fraga e o grupo de gaitas da A. C. Semente Nova e ademais co dirixe o da A. VV. Santaia de Santa Cruz. Dirixe o Grupo de Gaitas e Percusión no Coro Galego Cántigas da Terra.

