Equipo
Docente

Jose Luís Vázquez Rosales
Iníciase no baile aos catro anos en Xacarandaina. Desde os quince aos trinta forma parte do Grupo de Música e Baile Tradicional nesta asociación. No 2006 realiza un traballo de investigación sobre o folclore galego para a Fundación SonDeSeu. Ten impartido clase de baile en distintos centros galegos como o de Castellón, Barcelona ou París.
Actualmente é mestre de baile no Grupo de Baile e Gaita Santaia de Santa Cruz (Oleiros) e en centros de ensino da comarca e Mestre Director do Corpo de Baile de Cántigas da Terra.

