Equipo
Docente

Ariel Ninas
Ariel Ninas é músico e activista cultural en aCentral Folque; artista sonoro que traballa entre a música tradicional e a vangarda experimental, principalmente coa zanfona onde tocou na OMEGA -Orquestra de Música Espontánea de Galiza- e en diversos proxectos multidisciplinares como o trío Ulobit (‘Vikingland’, AudioAtalaia, 2016) ou no filme de Jon Jost ‘Casa do Silencio’. Dirixe o Festival Internacional ‘Zona da Zanfona’ desde o 2005.
Traballou en diversos proxectos con músicos recoñecidos coma Fred Frith, Michael Fisher, Marcos Suzano ou Germán Coppini (‘Semper Audax’, LemuriaMusic, 2015). Coa compañía de danza contemporánea Traspédiante formou parte do elenco, compuxo e gravou a súa banda sonora, “Habelas”, premio Injuve 2010.
Os proxectos actuais nos que se atopa son co portugués César Prata en ‘Cantos de Cegos de Galiza e Portugal’ (aCFolque, 2016) e ‘Do Natal aos Reis’ coa propio Prata e con Catarina Moura (aCFolque, 2019); ou coa cantante galega Carme da Pontragha na dupla Tralo-Valo así coma en diversos programas a solo.
Imparte aulas no Conservatorio Superior de Galicia (Valga), Asociación Brisas do Quenllo (Pontraga) e Escolas da Terra (Cántigas da Terra da Coruña).
A súa zanfona soa en discos de artistas coma Sérgio Tannus, Xoán Curiel, Chulada da Ponte Velha, Ningue-Ningue, Rai Preiland Band, Alba María, Kerkennai, Santi Araújo,..
En 2020, premio de Cultura de Galicia na sección de música pola traxectoria de aCentral Folque.
En 2018 foi 1º premio no concurso internacional ‘Maitrês Sonneurs’ no festival Le Son Continu (La Châtre, Francia).
En 2010 foi premio Injuve á creación escénica pola obra ‘Habelas’.

