Materias multidisciplinares

Orientado ao alumnado que busca na música e nas artes a súa vía de escape, a súa oportunidade para relaxarse, pasar un momento agradable e divertido con outras persoas que comparten as mesmas inquietudes.

As clases son colectivas e están distribuídas conforme ao nivel do alumnado, cunha programación concreta e renovada cada temporada. Ademais, tamén participarán das actividades e festivais públicos que leva a cabo a entidade. O obxectivo destas materias é traballar con linguaxes e códigos artísticos non abordados nas disciplinas anteriores que axuden a desenvolver unha visión integral das artes. De feito, nestas materias, conxúgase a área académica, xestionada en Escolas da Terra, co departamento artístico de Cántigas da Terra.
Estas son as materias:

  • Baile adulto
  • Baile xove
  • Canto tradicional: Cantigueando e Conxunto coral
  • Teatro adulto
  • Teatro xove