Como cada 24 de febreiro Galiza celebrou o día de Rosalía de Castro. Cántigas da Terra sumouse á homenaxe que na Coruña organizou a A.C. Alexandre Bóveda.
O mestre gaiteiro Alexandre Ruíz interpretou a Alborada que leva o nome da grande poeta galega. O acto resultou moi emotivo coa leitura de poemas da autora de Padrón.
Cántigas da Terra está no programa Alicerce da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha proposta artística ateigada de boa música, baile, teatro e algunha sorpresa.
Nos apartados desta mesma web pódese consultar a oferta que Cántigas da Terra ten para as diferentes seccións artísticas.
Lembrade que a (...)
O pasado 7 de marzo desenvolveuse no Centro Cívico de Monte Alto o primeiro concerto das Escolas da Terra neste ano escolar 2020-2021. O alumnado das diferentes materias deu conta do aprendido ao longo do curso.
Finalizado o concerto, as persoas participantes e o público asistente dirixíronse á sede de Cántigas da Terra onde se realizou un pequeno (...)