Novas

Emotivo concerto das escolas de Cántigas da Terra en Monte Alto

No pasado sábado 2 de abril as Escolas da Terra ofreceron un concerto didáctico. Os conxuntos de gaita, percusión, zanfona, requinta, baile, cantigueando e coro amostraron o seu bon facer no Centro Cívico de Monte Alto. Resultou especialmente emotiva a actuación das nenas de baile xove que recibiron unha grande salva de palmas.

Estas foron algunhas (...)

As zanfonas históricas da Galiza xa poden ser visitadas virtualmente

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo vén de apresentar un catálogo coas zanfonas históricas máis representativas da Galiza. Neste traballo participou Cántigas da Terra, através do seu Arquivo, na documentación das dúas zanfonas que custodia e tamén na zanfona conservada polo Museu de Belas Artes (...)

As Escolas da Terra despiden o 2021 con música e baile

Após celebrar Cántigas da Terra no 28 de decembro os seus 105 anos de existencia, onte quinta-feira foi o turno das Escolas da Terra. O alunado fechou o ano 2021 cunha actuación na praza de María Pita. O canto, a música instrumental e o baile foron protagonistas neste ato que resultou ben lucido.

As aulas retómanse após o feriado (...)