Boa acollida da obra "Crises, banqueiros e outras especies"

Na pasada sexta-feira 6 de maio o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra encenou con grande suceso a obra de Lois Diéguez "Crises, banqueiros e outras especies" dentro do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Dirixida por Isabel Risco, fai unha crítica, que máis aló do humor, convida a reflexionar sobre a situación en que se encontra o sistema sanitario na Galiza. A peza iníciase cunha crónica xornalística que ben podería ser real, senón é que o foi. Aquelas persoas, nomeadamente as de certa idade, que, se cadra sen seren moi conscientes, transgriden as normas do estabelecido e nunca confiaron, nin o farán, nun sistema que obriga a ser clienta dun negocio turbio, o colchón fronte a entidade bancaria. Converte esta peza nunha radiografía, a dun sistema todo el apodrecido e que conta con ferramentas moi poderosas para seguir abafando e maltratando as persoas e, porén, aos pobos.


10 de maio de 2022

Escolas da Terra 2022-2023