Xosé Casal agasalla a Cántigas da Terra un retrato de Mauricio Farto

O domingo 19 de xaneiro recibimos a Xosé Casal na nosa casa para inaugurar a unha exposición coa ssúa obra. Ao seu carón escoitamos, aprendemos e reflexionamos sobre a súa vida, a música, o idioma…Soaron as gaitas e a percusión do Grupo de Cántigas da Terra e de Sementeira de Cambre. El estaba emocionado e nos tamén!

Xosé Casal naceu en Vila Santar en 1942. Iniciouse no mundo da pintura da man do xenial artista Luís Quintas Goyanes. En 1969 fundou xunto con Miguel L. Paradela e Manuel e Antón Ambite o cuarteto de gaitas Brisas da Cruña. Tamén dirixiu nos anos 80 aos Gaiteiriños, un coro galego xuvenil no bairro da Gaiteira a quen lle deu un pulo excepcional, e varias agrupacións como o Orfeón Inespal ou o Coro da Sagrada Familia.

O mestre Casal é sen dúbida o artista integral. O noso agradecemento pola doazón dun retrato de Mauricio Farto, esplendidamente realizado por el, que terá un lugar destacado en Cántigas.

Obrigado, mestre. Cántigas da Terra é a túa casa!


22 de xaneiro de 2020

Escolas da Terra 2022-2023