No centenario de Cantigas e Agarimos

No pasada sexta-feira 27 de maio, Cántigas da Terra e os outros coros irmáns (Toxos e Froles e De Ruada) estiveron acompañando a Cantigas e Agarimos con motivo do seu centenario. Foi un acto fermoso na Praza da Quintana, dentro das festas da Ascensión.

Desde a nosa entidade, parabenizamos a Cantigas e Agarimos por tan linda efeméride e desexámoslles outra centuria de feliz existencia.

Tamén agradecemos a inestimábel e sempre xenerosa colaboración do Grupo de Baile Santaia de Santa Cruz.


1 de xuño de 2022

Escolas da Terra 2022-2023