César Concheiro apresentou o seu libro "Contos da Cascarilla"

O anterior director de Cántigas da Terra visitou no pasado domingo 19 de xuño a nosa sede para falar do seu novo libro. O traballo contén doce contos que nos aproxima a vida de distintas persoas que partillan como cenario a cidade da Coruña.

No percurso dos relatos acompañaremos as protagonitas por alegrías e tristezas, por amores ou solidóns, por tempos pasados e tempos para vir, e veremos como teñen en común máis do que un lugar ou un tempo.


28 de xuño de 2022