Comeza a 17 edición do Ciclo de Coros Galegos

No próximo domingo 30 darase inicio á 17 edición do Ciclo de Coros Galegos coa actuación do coro Nova Troula de Sada, da banda de gaitas de Forcarei e de Cántigas da Terra acompañadas do Grupo de Baile de Santaia. Será no Teatro Rosalía ás 19h.

A seguir no 20 de novembro actuarán a Coral De Ruada, Arume de Caión e Cántigas da Terra, novamente acompañadas polo Grupo de Baile Santaia. Nese día, tamén as Escolas da Terra interpretarán algunha peza en conxunto.


25 de outubro de 2022

Escolas da Terra 2022-2023