Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria de 2023

Na próxima sexta-feira 3 de marzo ás 20h30 en primeira convocatoria e às 21h en segunda realizarase a Asemblea Xeral Ordinaria á que están chamadas a asistir todas as persoas socias de Cántigas da Terra. Será na sede de Ramón del Cueto, 31.

A orde do día está a disposición de asociadas e asociados nos dous locais da entidade. Tamén á súa disposición están as follas para a presentación individual de propostas para elección a cargos directivos até a quinta-feira 16 de febreiro ás 20h.


1 de febreiro de 2023

Escolas da Terra 2022-2023