O Coro participou nos actos do 175 aniversário do Circo de Artesáns

Na pasada terza-feira 5 de xullo o Teatro Colón acolleu o concerto comemorativo dos 175 anos de vida do Circo de Artesáns. No acto proxectouse un documental sobre a traxectoria da entidade e Cántigas da Terra actuou coa colaboración do Grupo de Baile Santaia, a quen agradecemos a súa implicación para connosco. A xornada finalizou co canto conxunto do Himno Galego.

Desexamos longa vida ao Circo de Artesáns, unha das máis grandes institucións coruñesas.


8 de xullo de 2022

Escolas da Terra 2022-2023