Emotivo concerto das escolas de Cántigas da Terra en Monte Alto

No pasado sábado 2 de abril as Escolas da Terra ofreceron un concerto didáctico. Os conxuntos de gaita, percusión, zanfona, requinta, baile, cantigueando e coro amostraron o seu bon facer no Centro Cívico de Monte Alto. Resultou especialmente emotiva a actuación das nenas de baile xove que recibiron unha grande salva de palmas.

Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou o acto.


9 de abril de 2022

Escolas da Terra 2022-2023