Novas

Cántigas da Terra participa na homenaxe a Rosalía

Como cada 24 de febreiro Galiza celebrou o día de Rosalía de Castro. Cántigas da Terra sumouse á homenaxe que na Coruña organizou a A.C. Alexandre Bóveda. O mestre gaiteiro Alexandre Ruíz interpretou a Alborada que leva o nome da grande poeta galega. O acto resultou moi emotivo coa leitura de poemas da autora de Padrón.

Aberto o prazo para solicitar a Cántigas da Terra na Rede Cultural

Cántigas da Terra está no programa Alicerce da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha proposta artística ateigada de boa música, baile, teatro e algunha sorpresa. Nos apartados desta mesma web pódese consultar a oferta que Cántigas da Terra ten para as diferentes seccións artísticas. Lembrade que a Deputación (...)

As Escolas da Terra amosan o seu bon facer nun emotivo concerto

O pasado 7 de marzo desenvolveuse no Centro Cívico de Monte Alto o primeiro concerto das Escolas da Terra neste ano escolar 2020-2021. O alumnado das diferentes materias deu conta do aprendido ao longo do curso. Finalizado o concerto, as persoas participantes e o público asistente dirixíronse á sede de Cántigas da Terra onde se realizou un pequeno convivio (...)
Escolas da Terra 2022-2023