Novas

Nen a chuva para os gaiteiros de Cántigas da Terra

Neste sábado 7 de setembro, o grupo de gaitas estivo a tocar nos milagres de Caión. Nen a chuva nen a grande encosta que media desde a vila até o santuario non foi impedimento para que fregueses e gaiteiros a subisen. Apesar da auga, o acto resultou ben fermoso. Fican aquí unhas fotos da xornada para quen gostar.

Santa Margarida: espazo para aprender, tempo para desfrutar

Durante toda a xornada do sábado 27 de agosto o Parque de Santa Margarida foi unha grande festa da música tradicional. Cántigas da Terra participou cun concerto (no día 26) e con varios obradoiros. Todas as actividades estiveron organizadas polo Concello da Coruña. No día de hoxe, último domingo de agosto, as familias coruñesas (...)

A Zona da Zanfona xirou Arredor da Roda

Na pasada sexta feira día 8 de xullo, Cántigas da Terra levou ao auditorio de Rianxo o seu espectáculo Arredor da Roda dentro da 18 edición do festival Zona da Zanfona. No concerto participaron destacados zanfonistas galegos como Luís O'Caruncho, Óscar Fernández, Iván Abal e Gutier Álvarez. Tamén a nosa entidade estreou (...)
Escolas da Terra 2022-2023