Cántigas da Terra está no programa Alicerce da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha proposta artística ateigada de boa música, baile, teatro e algunha sorpresa.
Nos apartados desta mesma web pódese consultar a oferta que Cántigas da Terra ten para as diferentes seccións artísticas.
Lembrade que a Deputación da Coruña ten suspendidos todos os procesos administrativos até o fin do estado de emerxencia. Por tanto, aínda é tempo de solicitar o voso espectáculo de Cántigas da Terra.
Podedes consultar as bases da Rede Cultural na seguinte ligazón:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/01/15/2020_0000000210.pdf
Agardamos a vosa solicitude!
17 de marzo de 2020