Un século despois Cántigas torna á Xuventude de Cecebre

No 8 de outubro de 1922 inaugurábase o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo da Xuventude de Cecebre. Nesa xornada festiva actuou o Coro Cántigas da Terra con sesións de mañá e tarde. Un século despois, o noso Coro tornará alí convidado novamente pola Sociedade para celebrar tan linda efeméride.

Foto: Arquivo da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Imprensa: El Ideal Gallego do 5 de outubro de 1922.


14 de outubro de 2022

Escolas da Terra 2022-2023