As zanfonas das Escolas da Terra soarán nesta fin de semana en Lugo

No vindeiro domingo día 5 a aula de Zanfona das Escolas da Terra participarán ás 13h xunto con outras escolas deste instrumento, dentro dos actos do 2ª encontro Celme de Zanfona que se celebra esta fin de semana, días 3,4 e 5 de xuño en Lugo. Será dentro do Casco Histórico.

O programa completo pode ser consultado na seguinte ligazón:
http://gaiteirosgalegos.gal/images/files/2022/programa_2celme_de_zanfona_2022_dixital.pdf


2 de xuño de 2022

Escolas da Terra 2022-2023