A Zona da Zanfona xirou Arredor da Roda

Na pasada sexta feira día 8 de xullo, Cántigas da Terra levou ao auditorio de Rianxo o seu espectáculo Arredor da Roda dentro da 18 edición do festival Zona da Zanfona. No concerto participaron destacados zanfonistas galegos como Luís O'Caruncho, Óscar Fernández, Iván Abal e Gutier Álvarez.

Tamén a nosa entidade estreou no domingo o documentário de "Cántigas da Terra a Miro Casabella". Sen dúbida foron uns días para ser lembrados, parabenizamos a organización do festival por tan fecundo labor.


12 de xullo de 2022