Mestras e mestres
O cadro de mestras e mestres de Escolas da Terra está formado por músicos con ampla experiencia tanto na docencia como na interpretación ó vivo.
Ademais das aulas regulares, o profesorado imparte obradoiros específicos ou concertos didácticos dirixidos ás diferentes etapas escolares.

Luís Sánchez Bolón
(A Coruña, 1995) Gaiteiro, multiinstrumentista e docente formado no Conservatorio Superior de Vigo. Especialista en gaita, frautas e percusión tradicional, conta con ampla experiencia en concertos e colaboracións con bandas de música. Compaxina a docencia coa dirección artística de Cántigas da Terra e a súa participación no colectivo Os Melidaos.

Tonecho Castelos Boutureira
Violinista e percusionista formado nos conservatorios da Coruña e Santiago, cunha sólida traxectoria na música tradicional. Foi membro de bandas folk como Susana Seivane, Queda Folk ou Roi Casal, e colaborou con grupos como Milladoiro. Na actualidade compaxina a docencia en diversas asociacións coa súa actividade artística no dúo Tonecho Castelos & Pablo Esqueira, co que publicou o disco Nas Mariñas.

Isabel Risco
Actriz e docente con ampla traxectoria, inicia a súa formación nos grupos universitarios da Coruña e na escola Casahamlet, completándoa con mestres internacionais de teatro e clown. Dende o 2000 participa en numerosas producións profesionais —entre elas Ibuprofeno Teatro, Redrum ou Maquinaria Pesada— e desde 2001 forma parte de Trinketrinke Teatro, especializada en público infantil. Graduada en Pedagoxía Teatral pola UDC, combina a escena co labor de monitora en colexios. No audiovisual traballou en series como Padres Casares, Era Visto! ou Augasquentes, así como en longametraxes e publicidade. Foi recoñecida co Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto e co premio á mellor actriz no Festival de Teatro Galego do Carballiño.

Alexandre Ruiz
Iniciado na gaita da man de mestres como Leonardo Corral, Xosé Casal e Ricardo Santos, formou parte de grupos como Os Gaiteiriños, Gaiteiros da Ponte Vella, Os Viqueiras ou Cántigas da Terra. Complementou a súa formación con cursos de gaita escocesa, fabricación de palletas e técnica de pechado, ademais de obter premios en diversos certames e o grao profesional de gaita no Conservatorio de Carballo. Amplía estudos con requinta, clarinete e linguaxe musical. Actualmente dirixe o Coro Arumes da Fraga, o grupo de gaitas da A.C. Semente Nova, o da A.VV. Santaia de Santa Cruz e o Grupo de Gaitas e Percusión de Cántigas da Terra.

Jose Luís Vázquez Rosales
Iniciado no baile aos catro anos en Xacarandaina, formou parte do seu Grupo de Música e Baile Tradicional durante quince anos. Realizou un traballo de investigación para a Fundación SonDeSeu e impartiu clases en centros de Galicia, Castellón, Barcelona e París. Actualmente é mestre de baile no Grupo Santaia de Santa Cruz e Mestre Directora do Corpo de Baile de Cántigas da Terra.

Antón F. Riveiro
Iniciado como mestre de baile en 1980 na agrupación Os Gaiteiriños, continúa hoxe impartindo aulas tamén de pandeireta. Foi monitor de Danza Tradicional na Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas no Exterior (1988–1989). Nos oitenta asumiu a dirección do grupo Ecos do Mero, que aínda mantén, e dirixiu a Coral de Cecebre entre 1998 e 2003. É ademais director do Coro Galego Santa Comba de Veigue desde 1990 e do grupo Dorna de Dorneda desde 2005.

Ariel Ninas
Músico e activista cultural en aCentral Folque, cunha traxectoria que combina música tradicional e vangarda experimental, especialmente coa zanfona. Formou parte de proxectos como OMEGA, Ulobit ou o filme Casa do Silencio, e dirixe desde 2005 o Festival Internacional Zona da Zanfona. Colaborou con artistas como Fred Frith, Marcos Suzano ou Germán Coppini, e compuxo a banda sonora premiada de Habelas. Actualmente desenvolve proxectos con César Prata, Catarina Moura e Carme da Pontragha, ademais de impartir aulas en varias escolas e conservatorios. Foi recoñecido con premios como o 1º premio Maitrês Sonneurs (2018) e o Premio de Cultura de Galicia a aCentral Folque (2020).

Lucía Pena González
Nacida en Ferrol en 2004, inicia a súa formación no Conservatorio Profesional Xan Viaño, onde obtén o grao profesional en Trompa. Completa estudos no ámbito educativo como auxiliar de escola infantil e monitora de tempo libre. Actualmente cursa o grao superior de Pedagoxía no Conservatorio Superior da Coruña.

