- Produtora: A.C. Cántigas da Terra
- Produtor executivo: Moncho Iglesias
- Director: Federico A. Rioboo
- Axudante de dirección: Miguel Seixo
- Director de fotografía/ editor vídeo/operador cámara: Óscar Górriz
- Vídeo directo do concerto Arredor da roda: Mediacebstream, Samuel Cebeira
- Director de son/ editor de son/ operador de son: Miguel Seixo
- Son directo do concerto Arredor da roda: Rubén Montes
- Director musical: Luís Bolón
- Asistente arquivo histórico e Arquiveiro de Cántigas da Terra: Moncho do Orzán
- Asistente histórica, historiadora, Vicearquiveira de Cántigas da Terra: Laura Veleiro
- Asistente lingüístico: Vicente Reboleiro
- Protagonistas: Miro Casabella, Manuel Rioboo, Erea Estévez,
- Elenco: alumnado Escolas da Terra, Coro Galego Cántigas da Terra.
- Voz en off: Moncho do Orzán
- Axudante de produción: Ricardo Senande.
- Colaboración de produción: Fina Palleiro, Xosé Luís Palleiro, Moncho Rodríguez
Arredor da Roda
Cando a zanfona fala
O elemento máis característico dunha zanfona é a roda, a través dela nace o son do instrumento, voltas e voltas que xiran evocando unha atmosfera que nos conecta co noso pasado ancestral, coa música do medievo e coa popular, cos romances, co que fomos e co que somos hoxe.
Un dos principais obxectivos que ten Cántigas da Terra é contribuírmos ao coñecemento e divulgación dos nosos instrumentos tradicionais. O papel da zanfona, neste sentido, é fundamental tanto no que respecta ao folclore galego en xeral, como en particular á nosa entidade: Cántigas da Terra.
O vencello que Cántigas ten coa zanfona é moi importante pois no arquivo da entidade custódianse dous modelos moi valiosos: unha zanfona de Perfecto Feijoo e outra de Saturnino Cuíñas, ambos folcloristas fundamentais na historia da música galega. Os dous estiveron presentes no espectáculo a través das melodías que recolleron e que son interpretadas polo Coro galego, combinando así o canto tradicional coa zanfona, a requinta ou as percusións para crearmos deste xeito unha proposta orixinal e actual.
O espectáculo é conducido polo cadro de Teatro de Cántigas da Terra que, ademais, interpreta Fala a zanfona, un fantástico poema que resume a historia deste instrumento detalladamente. Foi aprendido do libro escrito por Faustino Santalices, outro dos grandes pioneiros e mestre do instrumento. Santalices, natural de Bande foi quen de recuperar e gravar melodías que xa forman parte do ADN cultural galego. Unha delas, o Canto de Cego, será interpretado Luis O Caruncho, un dos músicos máis recoñecidos no noso país, o seu xeito tradicional de tocar a zanfona fai que sexa un compendio de enxebreza e naturalidade. Luis, ademais do canto, tamén nos deleitará cun poema de Rosalía de Castro musicalizado por el mesmo e coa Foliada de Pontevedra que canta o Coro.

Luis O Caruncho e Cántigas da Terra
No espectáculo participarán tamén Gutier Álvarez e Iván Abal. Son músicos pertencentes ás últimas xeracións de profesionais da zanfona. Asisten con frecuencia a numerosos cursos cos grandes intérpretes e mestres do instrumento da escena mundial, o que lles permite achegarse á técnica máis contemporánea. Con obras da súa propia autoría, conseguen que o público se achegase á versión da zanfona máis actual, primando os novos recursos e sonoridades contemporáneas. Así mesmo, ambos os dous tamén interpretarán obras do Arquivo de Cántigas da Terra que o coro cantou baixo o acompañamento feito ex profeso para a ocasión polos dous artistas.
Óscar Fernández, primeiro mestre de zanfona de Escolas da Terra, é un dos nomes propios da zanfona en Galicia que non podia faltar no espectáculo. A súa visión da zanfona e das músicas populares complementa o espectáculo.
O último convidado é Miro Casabella, mestre e músico pioneiro na interpretación da zanfona. Con el abrimos o concerto e viaxamos ata a Idade Media cunha Cantiga de Martín Codax que, na voz e na zanfona de Miro, recobran vida dun xeito excepcional. Cabe destacar de Miro Casabella a súa implicación e compromiso con Escolas da Terra, proxecto educativo de Cántigas da Terra onde o trovador do Valadouro vén formando a novo alumnado.
Arredor da Roda reune a varios especialistas da zanfona con cadansúa visión do instrumento, e o Coro galego Cántigas da Terra. A través do espectáculo, o público pode valorar a versatilidade, e as posibilidades sonoras da zanfona que nos conecta ás nosas raíces como pobo, ao Camiño de Santiago, ao Pórtico da Gloria, aos cegos ambulantes, aos romances… A roda da zanfona non para, voltas e voltas que conectan o culto e o popular, o pasado co futuro.
Ficha artística
- Produtora: A.C. Cántigas da Terra
- Produtor executivo: Moncho Iglesias
- Director: Federico A. Rioboo
- Axudante de dirección: Miguel Seixo
- Director de fotografía/ editor vídeo/operador cámara: Óscar Górriz
- Vídeo directo do concerto Arredor da roda: Mediacebstream, Samuel Cebeira
- Director de son/ editor de son/ operador de son: Miguel Seixo
- Son directo do concerto Arredor da roda: Rubén Montes
- Director musical: Luís Bolón
- Asistente arquivo histórico e Arquiveiro de Cántigas da Terra: Moncho do Orzán
- Asistente histórica, historiadora, Vicearquiveira de Cántigas da Terra: Laura Veleiro
- Asistente lingüístico: Vicente Reboleiro
- Protagonistas: Miro Casabella, Manuel Rioboo, Erea Estévez,
- Elenco: alumnado Escolas da Terra, Coro Galego Cántigas da Terra.
- Voz en off: Moncho do Orzán
- Axudante de produción: Ricardo Senande.
- Colaboración de produción: Fina Palleiro, Xosé Luís Palleiro, Moncho Rodríguez
-
Luis O Caruncho interpretando o Canto de Cego de F. Santalices.
-
Miro Casabella canta O Meu País.
-
Cántigas da Terra acompañado por Gutier Álvarez.
-
Alumnado de frautas e violín de Escolas da Terra
-
Eloy e Xosé Carlos, instrumentistas de Cántigas da Terra nunha das súas intervencións
-
Luis O Caruncho cantando e tocando con Cántigas da Terra
-
Saúdo dos Convidados co caluroso aplauso do público, do alumnado de Escolas da Terra e do Coro
