FICHA ARTÍSTICA

  • Composición e arranxos: Luís Bolón.
    Movemento: Estefanía Gómez, Iván Villar.
  • Escena: Isabel Risco.
    Texto orixinal: Carlos Ares.
    Monólogo Isabel Risco: Paula Carballeira.
  • Escenografía: Suso Montero.
  • Vestiario: Cántigas da Terra, José Luis. Vázquez, Suso Montero, Isabel Risco.
  • Son: Rubén Montes.
  • Iluminación: Héctor Naveira
  • Medios técnicos: Cega Audiovisuales
  • Realización: Antonio Cid
  • Coordinación: Marta Horjales.
  • Elenco: Victoria Pérez, Manuel Fernández, Jose Losada, Alberte Bello, Isabel Risco.
    Banda Municipal da Coruña, Cántigas da Terra, Santaia Santa Cruz.
  • Dirección Banda Municipal: Juan Miguel Romero Llopis.
  • Mestres Cántigas da Terra: Luís Bolón (Dirección artística), Alexandre Ruíz (Grupo Gaitas), José Luis Vázquez (baile), Isabel Risco (Cadro de Teatro).
  • Corrección letras Coro: Carme Suárez.
  • Cartaz espectáculo: Suso Montero.
  • Organiza: Cántigas da Terra, Concello da Coruña.
  • Colabora: Grupo de Baile Santaia.
  • Agradecementos: Circo de artesáns, Ágora, Orquesta Sinfónica de Galicia, equipa de produción Festas de María Pita, Cega Audiovisuales.

As cigarreiras

Música, teatro e baile coas cigarreiras como protagonistas

A Fábrica de Tabacos, corporación fundamental da economía coruñesa desde mediados do século XIX, foi escenario das primeiras loitas sindicais protagonizadas por mulleres que se libraron naquela altura en toda Europa. A revolta das cigarreiras, esquecida na historia, enfrontounas á patronal o 7 de decembro de 1857 nun conflicto que as convertiu nas inventoras da negociación colectiva por disturbio.

Partindo deste contexto, o espectáculo amosa un percorrido pola historia da fábrica a través das súas protagonistas, as cigarreiras; grazas as cales tamén descubriremos segredos da cidade herculina e os seus lugares. En escena poderemos ver a todo o elenco de Cántigas da Terra: Coro, Grupo de Gaitas e Percusión, Baile e Cadro de Teatro; acompañados da Banda de Música e un elenco de actores e actrices profesionais nun espectáculo que recolle música da Coruña e arredores conservada nos propios arquivos de ambas entidades e noutros depósitos locais arranxada para este novo formato orixinal.

O espectáculo estrutúrase en tres actos. Acompañando as cigarreiras, o primeiro acto presenta o traballo na fábrica, con alusións á masa coral da fábrica e a súa importancia no contexto industrial. O punto de inflexión chega ó final do segundo acto, cando estoupa a revolta e a Foliada da Cruña é interpretada polas traballadoras a modo de himno. Finalmente, a última sección do espectáculo elabora o argumentario a favor dunhas condicións de traballo digno, sempre enmarcadas no repertorio musical propio da cidade herculina.

Ficha artística

  • Composición e arranxos: Luís Bolón.
    Movemento: Estefanía Gómez, Iván Villar.
  • Escena: Isabel Risco.
    Texto orixinal: Carlos Ares.
    Monólogo Isabel Risco: Paula Carballeira.
  • Escenografía: Suso Montero.
  • Vestiario: Cántigas da Terra, José Luis. Vázquez, Suso Montero, Isabel Risco.
  • Son: Rubén Montes.
  • Iluminación: Héctor Naveira
  • Medios técnicos: Cega Audiovisuales
  • Realización: Antonio Cid
  • Coordinación: Marta Horjales.
  • Elenco: Victoria Pérez, Manuel Fernández, Jose Losada, Alberte Bello, Isabel Risco.
    Banda Municipal da Coruña, Cántigas da Terra, Santaia Santa Cruz.
  • Dirección Banda Municipal: Juan Miguel Romero Llopis.
  • Mestres Cántigas da Terra: Luís Bolón (Dirección artística), Alexandre Ruíz (Grupo Gaitas), José Luis Vázquez (baile), Isabel Risco (Cadro de Teatro).
  • Corrección letras Coro: Carme Suárez.
  • Cartaz espectáculo: Suso Montero.
  • Organiza: Cántigas da Terra, Concello da Coruña.
  • Colabora: Grupo de Baile Santaia.
  • Agradecementos: Circo de artesáns, Ágora, Orquesta Sinfónica de Galicia, equipa de produción Festas de María Pita, Cega Audiovisuales.

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.