Caminos Vellos

Unha paisaxe emocional que nos identifica como galegas e galegos

Cántigas da Terra é un colectivo moi amplo que integra teatro, cantos, bailes, música para instrumentos tradicionais… Todos estes elementos conflúen nunha proposta global que pon en valor a riqueza da cultura galega. A formación aposta por un proxecto actualizado sen renunciar ós obxectivos orixinais do colectivo, descritos hai máis de cen anos. Deste xeito, dentro da nosa proposta pódense atopar dende melodías xenuínas tal e como se conservan no arquivo do coro, ata versións actuais que pretenden afondar nas posibilidades sonoras das voces e instrumentos tradicionais no seu conxunto. Un pé no pasado e outro no presente para crear un proposta actual baseada na raíz do que é Cántigas da Terra, Coro Galego desde 1916.

“Camiños Vellos” é un espectáculo que busca pór en valor a transmisión oral e a comunidade. Os camiños percorríanse para ir a fonte, ó muíño ou ás romerías. En palabras de Manuel María, “non se sabe se levan ou se traen, se van ou se veñen, nin tampouco a onde van, de onde veñen…”. Nos camiños contábanse lendas, cantábase foliadas… historias e músicas que “non se sabe de onde veñen”, recuperados polos nosos recompiladores durante décadas e que agora se custodian no arquivo de Cántigas da Terra.

Os camiños gardan tamén a esencia da música galega: os cuartetos tradicionais que tocaban nas alboradas polas corredoiras, os cegos e cegas ambulantes que percorrían vieiros para contaren as súas parrafadas… Sen esquecer os propios camiños como o medio para ir as foliadas, para cantar e atoparse coa veciñanza. Gaitas, zanfonas, cantos e bailes crean unha paisaxe emocional que nos identifica como galegas e galegos e que nos lembran os camiños que percorremos na vida ante a “enigmática cruz da encrucillada”.

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.