Ciclo de Coros Galego

Espazo vivo da cultura oral

O Ciclo de Coros Galegos é un evento que se desenvolve cada outono desde o 2000 na Coruña e  que ten como fin a visibilización de colectivos que comparten con Cántigas da Terra o obxectivo de recuperar, preservar e divulgar o folclore galego en calquera das súas expresións. Aínda que a presenza dos coros é central ó ciclo, promóvese tamén a participación doutros formatos tan importantes para o folclore como son os cuartetos tradicionais, as agrupacións de baile (que poden amosar manifestacións da cultural oral galega menos comúns como a regueifa, os cantares de reis…), narradoras orais, e tantas outras formas que dan conta da riqueza da cultura oral galega.

Outro dos aspectos destacados do Ciclo é a reivindicación de figuras representativas da cultura e da arte galega tales como Lolita Díaz Valiño, Urbano Lugrís ou Maruja Mallo, e tamén figuras fundamentais no estudo da tradición galega como Dorothé Schubart, Antón Fraguas ou Saturnino Cuíñas, un dos grandes recompiladores que deixou parte do seu traballo no arquivo de Cántigas da Terra.

O Ciclo está conducido polo Cadro de Teatro de Cántigas da Terra, que contextualiza e aporta información dun xeito entretido e didáctico sobre elementos destacables das propostas das agrupacións ou sobre as personalidades destacadas do ciclo, dándolle asi unha dimensión ao evento que vai moito máis alá dun encontro de grupos.

Así mesmo, a entidade traballa en acadar máis impacto na cidade. É por isto que dende a 19º edición ofértase unha programación variada que complementa os espectáculo no Teatro Rosalía de Castro. Deste xeito, o público ten a posibilidade de participar en diferentes obradoiros e conferencias onde tamén se involucran a outras entidades coruñesas como a A.C. Alexandre Bóveda, a Fundación Luis Seoane, a Academia de Belas Artes… Ábrese así a posibilidade de expoñer o traballo da entidade a un novo público potencial a través de eventos que mesturan o carácter lúdico co formativo.

Tras máis de vinte edicións compartidas co público, estamos ante un da citas máis consolidadas do folclore galego na cidade, que aposta polos espectáculos ó vivo e a divulgación da cultura galega a través dunha programación que combina espectáculos con obradoiros e conferencias en clave de excelencia musical e artística. O festival conta coa colaboración do Concello da Coruña.

Cántigas da Terra

Edicións Anteriores

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.