Novas

Cántigas da Terra visita a terra dos Gaiteiros de Soutelo

No pasado sábado 7 de maio, o Coro actuou no auditorio de Forcarei convidados pola Banda de Gaitas deste concello da Terra de Montes. Actuaron ademais de Cántigas da Terra e dos anfitrións, Lus de Keikoa, Donaire e De Perdidos al Trío.

Boa acollida da obra "Crises, banqueiros e outras especies"

Na pasada sexta-feira 6 de maio o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra encenou con grande suceso a obra de Lois Diéguez "Crises, banqueiros e outras especies" dentro do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Dirixida por Isabel Risco, fai unha crítica, que máis aló do humor, convida a reflexionar sobre a (...)

Emotivo concerto das escolas de Cántigas da Terra en Monte Alto

No pasado sábado 2 de abril as Escolas da Terra ofreceron un concerto didáctico. Os conxuntos de gaita, percusión, zanfona, requinta, baile, cantigueando e coro amostraron o seu bon facer no Centro Cívico de Monte Alto. Resultou especialmente emotiva a actuación das nenas de baile xove que recibiron unha grande salva de palmas. Estas foron algunhas das imaxes (...)
Escolas da Terra 2022-2023